O MAGOMÓVIL DO MAGO ANTÓN EN COIRÓS

Escrito por Website do concello de Coirós el 26 de julio de 2018

O Magomóvil do Mago Antón chegará a Coirós o próximo  martes, día 31, cun espectáculo dirixido ás familias. Durante a mañá o Mago Antón actuará en exclusiva para o público infantil do campamento Concilia Coirós. En horario de tarde, o espectáculo de maxia estará dirixido ó público en xeral, as sesións comezarán ás 19.30 e ás 20.30 horas. A duración dos pases será de 50 minutos , dirixido a todos os públicos e cun aforo de 70 prazas por sesión.