EXTENSIÓN DE REDES DE BANDA LARGA DE ACCESO ULTRARRÁPIDO

Escrito por Website do concello de Coirós el 26 de julio de 2018

A Xunta está a promover despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet no territorio galego. Entre 2018 e 2020 a empresa telefónica de España S.A, como beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co FEADER, despregará redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de mais de 100 Mbps mediante fibra óptica no lugar de Combarro.