ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE OPERARIOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 10 de julio de 2018

CONCELLO DE COIROS                                  ANUNCIO

                Pola presente convócase o proceso de contratación de seis persoas ( 1 albanel Oficial 2ª , 1 albanel peón, e 4 peóns de limpeza), para formar parte do “Programa de integración laboral mediante execución de obras e Servizos mínimos municipais dos Concellos da Provincia”, durante o período de 3 meses a tempo parcial.

                As persoas a contratar neste programa, deberán cumprir algunha das seguíntes situacións:    

                .- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

                .- Maiores de 45 anos

                .- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nin grao igual ou superior ao 33%.

                .- Persoas desfavorecidas que estean en algunas das seguíntes situación: drogodependencia, vivir nun fogar ou que ningún teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental / monomarental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.

                .- Parados de longa duración  (persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego)

                .- Persoas víctimas de violencia de xénero

                .- Os interesados deberán presentar  instancia exclusivamente, nas Oficinas na Casa do Concello, dende o día 10/07/2018 Ata 16/07/2018 (ambos inclusive) en horario de 9hrs a 14:00hrs, (exceptuando o fin de semana).

                Coa instancia deberán presentar:

                Documento nacional de identidade

                Carné de conducir

                Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego

                Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.

Coirós, 10 de Xullo de 2018

O Alcalde,

 

      Asdo. ) Francisco Quintela Requeijo