CONCILIA COIRÓS 2018

Escrito por Website do concello de Coirós el 11 de junio de 2018

 

No mes de xullo darán comezo as actividades de verán enmarcadas dentro do programa "Concilia Coirós" que programa o centro de información á muller. 

Ditas actividades levaranse a cabo nos meses de xullo, agosto e a primeira semana de setembro en horario de mañá. 

O prazo para pagar a actividade, unha vez confirmada a praza, é dende o 18 ó 22 de xuño, e deberase abonar o importe total dos meses nos que o neno/a vai participar no programa. O importe será 20€/mes para os empadroados en Coirós, e 40€/mes para os que non o están. O mes de setembro será gratuíto para aqueles nenos/as que participen nos meses de xullo ou agosto.

O número de conta para facer o abono é: ES79 2080 0018 05 3110000252 (ABANCA). TITULAR: CONCELLO DE COIRÓS; P-1502700-F