PROGRAMA TALASOTERAPIA

Escrito por Website do concello de Coirós el 07 de junio de 2018

INFORMA:Que está aberto o prazo de solicitude para o Programa de Benestar a través da TALASOTERAPIA, que promove a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

 

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.

  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

* Non se contempla ningún tipo de apoio para as persoas que non se poidan valer por si mesmas.

 

SERVIZOS E PRESTACIÓNS QUE INCLÚE

  1. Estadía de 6 días, cinco noites (de domingo a venres).

  2. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

  3. Acceso diario ao circuíto mariño

  4. Póliza colectiva de seguro turístico

 

DESTINOS E PREZO

- Hotel Talaso Louxo (A Toxa. Pontevedra).

- Talaso Atlántico (Oia. Pontevedra) -

Talaso Cantábrico (Viveiro. Lugo). 201 €.

 

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O 31 DE XULLO

 

Os interesados poden dirixirse á Traballadora Social no Centro Social de Coirós, de luns a venres de 9:00 á 14:00 h, ou informarse telefónicamente no 981796088.

 

O que informa para xeral coñecemento.

En Coirós, 7 de xuño 2018.

O ALCALDE.-