TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2018- 2019

Escrito por Website do concello de Coirós el 24 de mayo de 2018

DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO, ALCALDE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS VECIÑOS DO TERMO MUNICIPAL

 

INFORMA:Que está aberto o prazo de solicitudes para oPROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DOIMSERSO.

 

Poderán beneficiarse, aquelas persoas residentes en España que reúnan calquer dos seguintes requisitos:

Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensión.

Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

Ser pensionista por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en tódolos casos con 60 anos cumpridos.

Ser titular ou beneficiario da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

 

* O cónxuxe ou parella de feito non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.

* Admitirase como acompañante a un/ha fillo/a con discapacidade igual ou superior ó 45%.

 

DESTINOS

Andalucía, Cataluña, Murcia y C. Valenciana

Baleares

Canarias

Circuítos Culturais

Turismo de Natureza

Viaxes ás capitais de provincia

Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla

 

PRAZO 1ª FASE DE SOLICITUDE: 14/XUÑO/2018

 

As persoas que deban realizar nova solicitude por non ter recibido o impreso de actualización de datos, ou por ser a primeira vez que solicitan praza neste Programa, poden dirixirse á Traballadora Social do Concello. (información completa na web municipal. Http://www.coiros.es - www.imserso.es)

 

O ALCALDE.-