CONCILIA COIRÓS- VERÁN 2018

Escrito por Website do concello de Coirós el 15 de mayo de 2018

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN- CONCILIA COIRÓS 2018

Un ano mais, o CIM de Coirós oferta actividades de conciliación para o verán. As actividades están dirixidas a menores de 3 (escolarizados) a 12 anos. Levaranse a cabo en grupos en función da idade, e as instalacións serán a escola infantil de Coirós de arriba para os mais pequenos, e o centro social para os maiores. As datas serán nos meses de xullo, agosto e a primeira semá de setembro.

Entre as actividades que se levarán a cabo serán obradoiros de reciclaxe, cociña, manualidades, pintura, xogos, dinámicas de grupo, deportes,  cinema, etc.

O prezo é de 20€ para empadroados/as e 40€ para o resto.

O periodo de inscrición será dende o 21 ó 31 de maio. A solicitude pódese descargar na sección de descargas desta páxina web ou no centro social