EMPODERAMENTO DA MULLER CON CANCRO DE MAMA

Escrito por Website do concello de Coirós el 08 de mayo de 2018

 

O servizo galego de saúde presenta o programa de empoderamento da muller con cancro de mama, que está coordinado polo Dr. L.M. Antón Aparicio, profesor de medicina e xefe clínico de oncoloxía do hospital universitario da Coruña, e que conta con profesionais multidisciplinar que vai dende especialistas en psicoloxía, fisioterapia, dermatoloxía, nutrición ata traballo social. 

O proxecto está dirixido a mulleres diagnosticadas de cancro de mama que se atopan no proceso de longos sobrevivintes en seguimento para a área da Coruña.

Con este proxecto preténdese desenvolver ferramentas para facilitar a autoxestión da saúde por parte das doentes diagnosticas con esta enfermidade, ademais de presentar ferramentas que faciliten unha saúde de calidade e prevención das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos. As cidadáns gañarán protagonismo, autoridade e influencia nas institucións polítcas e sociedade civil.