CONTRATACIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE

Escrito por Website do concello de Coirós el 06 de marzo de 2018

 

Por resolución da alcaldía do día 1 de marzo, acordouse aprobar as bases de provisión dun posto de tecnico/a de axente de igualdade. O procedemento será por oposición, en quenda libre e en réxime de contratación laboral temporal. A información da convocatoria pode consultarse no BOP do 6 de marzo, e a instancia pode descargarse no perfil do contratante desta páxina web.