FESTA DO ENTROIDO 2018

Escrito por Website do concello de Coirós el 30 de enero de 2018

O martes 13 de febreiro terá lugar no polideportivo municipal unha festa de Entroido dirixida a toda a familia. A cita será a partir das 17horas, e haberá festa rachada para todos, dende os mais pequenos que poderán xogar na sua festa de inchables, ata os maiores que poderán bailar ó son dun grupo musical. 

Haberá merenda para os mais pequenos, concurso de disfraces infantil e adultos, concurso de postres típicos do Entroido, e un montón de regalos.

Para calquera dúbida, chamar ó 981796088