TARXETA BENVIDA PARA FAMILIAS

Escrito por Website do concello de Coirós el 10 de enero de 2018

DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO,

ALCALDE-PRESIDENTE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS

VECIÑOS DO TÉRMINO MUNICIPAL.

 

INFORMA:

A CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL A TRAVÉS DA ORDE DO 19 DE DECEMBRO DE 2017 (DOG núm. 246 do 29.12.2017) POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS CALES SE REXERÁ A CONCESIÓN DA AXUDA ECONÓMICA, A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA, PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADAS/OS NO ANO 2018.

BENEFICIARIOS:

PERSOAS QUE TEÑAN FILLOS OU FILLAS NADOS ENTRE O 1 XANEIRO E O 31 DE DECEMBRO DE 2018.

REQUISITOS:

NON SUPERAR OS 45.000 EUROS DE RENDA DA UNIDADE FAMILIAR OU OS 13.500 EUROS DE RENDA PER CÁPITA NA DECLARACIÓN DO IRPF DO ANO 2015.

IMPORTE DA AXUDA:

CON CARÁCTER XERAL, A CONTÍA DA AXUDA SERÁ DE 1.200 EUROS A RAZÓN DE 100 €/MES DURANTE O PRIMEIRO ANO DE VIDA DO NENO OU NENA.

PARA AQUELAS FAMILIAS CON RENDA IGUAL OU INFERIOR A 22.000 € A AXUDA AMPLIARÁSE ATA QUE O NENO OU NENA CUMPRA 3 ANOS NAS SEGUINTES CONTÍAS:

- 600 €/ANO SE É O PRIMEIRO FILLO/A

- 1.200 €/ANO SE É O SEGUNDO FILLO/A

- 2.400 €/ANO SE É O TERCEIRO/A OU SUCESIVOS.

CÓMO SE ABOARÁ ESTA AXUDA:

A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA, UNHA TARXETA MOEDEIRO QUE PODERÁ SER EMPREGADA EN FARMACIAS, PARAFARMACIAS, SUPERMERCADOS E ESTABLECEMENTOS DE PUERICULTURA.

DOCUMENTACIÓN:

- LIBRO DE FAMILIA

- CERTIFICADO DE EMPADRONAMENTO CONXUNTO da unidade familiar

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

DOUS MESES CONTADOS DESDE O DÍA SEGUINTEA AQUEL NO QUE SE PRODUCE O NACEMENTO.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN DIRIXIRSE ÓS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO (Educadora Familiar: PAULA MEDAL MARTÍNEZ), EN HORARIO DE 8:00 A 14:00 H. DE LUNS A VENRES, OU CHAMANDO O TELÉFONO DO CONCELLO: 981.796.088.

 

Coirós, 9 de xaneiro de 2018.

 

O ALCALDE