PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL- BALNEARIOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 29 de noviembre de 2017

DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO,

ALCALDE-PRESIDENTE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS

VECIÑOS DO TÉRMINO MUNICIPAL.

 

INFORMA:Que as persoas que queiran participar por primeira vez, teñen aberto o prazo de solicitudes para oPROGRAMADE TERMALISMO SOCIAL-BALNEARIOS, que promove o IMSERSO. Se xa teñen solicitado a temporada pasada, recibirán por correo un modelo simplificado, para renovar a solicitude.

 

BENEFICIARIO/AS:

 

- Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente da S.S

- Pensionistas de viuvez da S.S., con 55 anos ou máis

- Pensionistas da S.S., por outros conceptos ou perceptores de subsidios de desemprego, con 60 anos ou máis

- Asegurados ou beneficiarios da S.S., con 65 anos ou máis

- Poderán ir acompañados de cónxuxe/parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable de convivencia

 

DATOS NECESARIOS PARA CUMPLIMENTAR SOLICITUDE:

 

- Nº Documento Nacional de Identidade

- Nº filiación Seguridade Social

- Situación económica

 

QUENDAS E PRAZOS:

 

- Quendas de FEBREIRO a AGOSTO, ata o día4 DE XANEIRO DE 2018

- Quendas de SETEMBRO a DECEMBRO, ata o día 11 DE MAIO DE 2018

 

As persoas interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello (Traballadora Social), de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h. Ou na web: www.imserso.es

 

O que informo para xeral coñecemento.

Coirós a 28 de novembro de 2017.

O ALCALDE.-