BONO SOCIAL ELÉCTRICO

Escrito por Website do concello de Coirós el 24 de noviembre de 2017

Bono social eléctrico

Posibilidade de desconto dun 25% (mínimo) no pago da factura eléctrica.

A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 kW e estar acogido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre.

Consumidor vulnerable

Cumplidos os requisitos anteriores terá a consideración de consumidor vulnerable quen cumpra algún dos seguintes requisitos (abonda con un deles):

  1. Que a súa renda ou, caso de formar parte dunha unidade familiar, a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa igual ou inferior:

 

Circunstancias especiais: os limiares de renda anteriores veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e para aqueles fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%.

  1. Estar en posesión do título de familia numerosa.
  2. Que o propio consumidor e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros da mesma que teñan ingresos, sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente, percibindo a contía mínima, e non perciban outros ingresos.

Consumidor vulnerable severo

Cando cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza:

  1. Teñan unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos limiares establecidos no apartado a), incrementados no seu caso, en 0,5.
  2. Teñan unha renda anual inferior ou igual a unha vez o IPREM a 14 pagas ou dúas veces o mesmo, no caso de que se atope na situación do apartado c) ou b), respectivamente

Consumidor en risco de exclusión social

Quen reúna os requisitos para ser vulnerable severo e que sexa atendido polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local que financie polo menos o 50 % da factura, acreditado mediante documento expedido polos ditos servizos sociais.

A subministración a un consumidor que acreditase os requisitos anteriores e estea acollido á tarifa de último recurso (TUR) será considerado subministración de electricidade esencial.

Lugar de presentación

A solicitude do bono social poderá realizarse a través dos seguintes medios, acompañada da documentación acreditativa:

  1. Por teléfono, a través do número dispoñible na páxina web do comercializador de referencia (COR). Este número será publicado tamén na páxina web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.Neste caso, o consumidor deberá remitir a información xustificativa posteriormente por algún dos medios recolleitos neste apartado.
  2. Nas oficinas do COR, cando estas existan.
  3. Por fax ou a través da dirección de correo electrónico que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  4. Por correo postal na dirección que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  5. A través da páxina web do comercializador de referencia.

O formulario de solicitude deberá estar dispoñible na páxina web do COR, así como nas súas oficinas de atención presencial ao consumidor, cando estas existan.