PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL

Escrito por Website do concello de Coirós el 06 de noviembre de 2017

O CIM de Coirós en colaboración coas escolas unitarias do Concello de Coirós  participara no Premio CONCEPCIÓN ARENAL 2017, Presentarase un Proxecto Educativo pola igualdade de Xénero.

A Deputacion da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro do 2017 " Día contra a violencia de xénero " convoca os seguintes premios:

    Premio Concepción Arenal 2017: proxectos educativos pola igualdade de xénero

Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construcción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a iguladade de oportunidades real entre sexos.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:

A) Proxectos educativos en educación infantil

 

B) Proxectos educativos en educación primaria

 

C) Proxectos educativos en educación secundaria

 

Premiarase o programa de activides de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdades entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporado de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

 

Premio : Convócase un premio en metálico de   5000 € por cada modalidade.

Prazo de presentación de instancias: 13 Novembro .

O Modelo de proxecto se  entregará en formato dixital e papel seguindo as indicacións do  enlace: https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concepcion-areal-proxectos-educativos-igualdade-xenero