AXUDAS Ó ESTUDO 2017-2018

Escrito por Website do concello de Coirós el 21 de septiembre de 2017

Na sección de descargas, pódense consultar as bases reguladoras das axudas municipais ó estudo e o transporte.

As axudas ó estudo están dirixidas a subvencionar os gastos de libros de texto dirixidos ás familias con escasos recursos económicos e con fillos/as cursando 2º ciclo de infantil, ciclos medios e superiores e outros.

As axudas ó transporte están destinadas a sufragar os gastos de desprazamento dos alumnos/as do Concello que estudan fora do termo municipal. Poden solicitar ditas axudas aqueles/as que cursen estudos de grao, cursos universitarios, ciclos medios e superiores e escolas de idiomas.

Os formularios de solicitude están dispoñibles na sección de descargas