CAMPO DE TRABALLO MONTE DA ESPENUCA

Escrito por Website do concello de Coirós el 04 de agosto de 2017

 

Un total de 15 voluntarios procedentes de diferentes puntos da xeografía española e incluso doutros países como Francia, Italia ou México, están a participar no campo de traballo internacional que se promove a Dirección Xeral de Xuventude en colaboración co Concello de Coirós. A duración da actividade é dende o 1 ata o 12 de agosto, tempo no que os voluntarios/as realizan labores medioambientais como a recuperación do Monte da Espenuca e o seu mirador, así como a eliminación de especies invasoras na zona de Chelo e as súas rutas.

O próximo mércores día 9 de agosto celebraremos unha convivencia entre mozos e mozas de Coirós e os particiantes no campo, que consisitrá nunha travesía en lancha polo Mandeo ata chegar ó campo dos Caneiros. 

Os interesados en participar deberán anotarse na Omix ou chamando ó 981796088