OBRADOIROS DE EMPREGO

Escrito por Website do concello de Coirós el 04 de agosto de 2017

A partir do mes de setembro, as persoas en situación de desemprego de Coirós poderán optar a obradoiros de emprego compartidos co Concello de Oza- Cesuras e outros da comarca que terán unha duración de nove meses

Os obradoiros, cada un con 20 prazas, terán lugar en Oza- Cesuras, Abegondo e Betanzos, e os participantes recibirán un certificado de profesionalidade válido en toda España.