Aberto o prazo de solicitudes para o "Programa de termalismo social-balnearios"

Escrito por Website do concello de Coirós el 03 de enero de 2013

INFORMA

Que as persoas que queiran participar por primeira vez, teñen aberto o prazo de solicitudes para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL-BALNEARIOS, que promove o IMSERSO. Os que xa teñen ido en anos anteriores, recibirán unha solicitude precuberta, nos seus enderezos.

 BENEFICIARIOS 

  • Pensionistas de xubilación e invalidez    
  • Pensionistas de viuvez e outras, cando teñan cumpridos 60 anos
  • Poderán ir acompañados do cónxuxe

 DOCUMENTACIÓN

  • Documento Nacional de Identidade
  • Cartilla da Seguridade Social
  • Xustificante da/s pensión/s

 QUENDAS E PRAZOS

  • Quendas de FEBREIRO, a AGOSTO, ata o día 16 DE XANEIRO DE 2013
  • Quendas de SETEMBRO a DECEMBRO, ata o día 16 DE MAIO DE 2013

Os interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello (Traballadora Social), de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h.