A XUNTA INVISTE PRETO DE 19.000 EUROS EN ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN AMBIENTAL NO CONCELLOS DE COIRÓS

Escrito por Website do concello de Coirós el 30 de enero de 2017

A XUNTA INVISTE PRETO DE 19.000 EUROS EN ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN AMBIENTAL NO CONCELLOS DE COIRÓS

 

  • O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o lugar de Figueiras acompañado do alcalde de Coirós
  • A parcela ten una superficie de máis de 9.000 metros na que se prantaron máis de 200 castiñeiros e sementouse de herva

 

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras de conservación da natureza executadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no concellos de Coirós acompañado polo alcalde do municipio  Francisco Quintela. A parcela sobre que se actuou e de propiedade municipal, con unha superficie de máis de 9.000 metros e linda coa urbanización de casas de promoción pública de Pedrapartida.  

Así, levóuse a cabo a recuperación ambiental en Figueiras, unha actuación cofinanciada nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020. Os traballos supuxeron un investimento total de 19.500 euros e incluíron, entre outras actuacións, a roza da matogueira, a poda manual, o destoconado de eucaliptos, o cerramento da parcela con postes de madeira, a plantación de uns 200