CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017

Escrito por Website do concello de Coirós el 16 de enero de 2017

O Concello de Coirós participa na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña. A actividade consiste nunha estancia de 5 días na estación de esquí Leitariegos dirixida a nenos/as nados nos anos 2002-2006. A actividade inclúe transporte, manutención, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Os/as participantes terán que pagar unha cuota de 95€, da cal o Concello de Coirós subvencionará a metade.

O número de prazas asignadas ó Concello de Coirós é de 3, sendo preciso realizar un sorteo no caso de haber máis interesados. 

O prazo para inscribirse está aberto ata o día 23 de xaneiro na omix do Concello.

Máis información na omix ou no 981796088