PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL EN RISCO DE INUNDACIÓNS

Escrito por Website do concello de Coirós el 21 de noviembre de 2016

O Concello de Coirós elaborou o documento de actuación municipal ante risco de inundacións en Coirós coa finalidade de constituir un marco de referencia no municipio que, sendo conscente do seu importante papel na loita contra o  cambio climático, quere desenrolar unha política integral e coordinada en materia de mitigación e adaptación.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao abeiro da orde do 26 de abril pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da comunidade autónoma de Galicia, ven de conceder a este Concello unha subvención para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. A cantidade concedida foi de 4.480€, financiada con fondos FEDER.

ACCESO Á PLACA INFORMATIVA EN DESCARGAS

 http://www.coiros.es/media/dl/cartel-sustentabilidade-pdf84377.pdf