INICIO DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2016-2017

Escrito por Website do concello de Coirós el 28 de septiembre de 2016

O próximo sábado, 1 de outubro darán comezo as actividades municipais que se levarán a cabo no centro social, no polideportivo, campo de fútbol e centros sociais das parroquias. O número de inscricións supera ás 500, o que fai que a participación nas mesmas sexa moi elevada. Pódese  consultar as actividades e horarios nesta web na sección de servizos á cidadanía, actividades de inverno 2016-2017