MESA INSTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Escrito por Website do concello de Coirós el 16 de mayo de 2016

O CIM DE COIRÓS ORGANIZOU UNHA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O CIM de Coirós (1995) foi un dos primeiros concellos de Galicia en apostar polas políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero. Dende o ano 2013 está conveniado con outros 4 concellos máis: Aranga, Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne para traballar na loita contra a violencia de xénero.

 O Centro de Información á Muller do Concello de Coirós dou un paso máis impulsando a organización dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, que se realizou o pasado venres, 13 de maio. A súa finalidade é a de optimizar as diferentes accións en materia de prevención, sensibilización e mellora na atención ás mulleres integrando aos diversos axentes institucionais implicados no ámbito da muller: a Secretaría Xeral de Igualdade, os Servizos Sociais, o Centro de Información á Muller, Educación, Sanidade, Xustiza, a subdelegación do Goberno e as Forzas e Corpos de Seguridade do Concello de Betanzos.

 

Esta Mesa Local pretendeu fomenta-la coordinación entre os distintos organismos e facilita-lo intercambio de coñecemento en base aos procedementos de cada un dos ámbitos, xerando vínculos máis estreitos entre distintos profesionais e axilizando os procesos de atención á muller.