REUNIÓN DO ALCALDE CO CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL

Escrito por Website do concello de Coirós el 12 de mayo de 2016

O Alcalde de Coirós reuniuse no día de onte, 11 de maio, co Conselleiro de Política Social, Don José Manuel Rey Varela. 

O motivo do encontro foi que a representante do Consello escolar, Iria Montes, se reuniu co Alcalde solicitando unhas melloras na escola infantil de Coirós da rede Galiña Azul, entre elas a ampliación do horario do centro, pasando de ser de 8.30 a 15.30 a ser de 8 a 16 horas, así como o aumento do persoal de apoio ás educadoras.

Na reunión de onte, o Conselleiro atendeu as reivindicacións do Alcalde e o AMPA de Coirós. Polo tanto, no curso 2016- 2017, será concedida esta solicitude sempre que se manteñan os datos da matrícula.

O Alcalde agradece á Xunta e ao seu Conselleiro estas concesións que repercuten moi favorablemente na Galiña Azul de Coirós.