OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR C E CAP

Escrito por Website do concello de Coirós el 11 de mayo de 2016

OBTENCIÓN DO PERMISO DE VEHÍCULO C e CAP

Dentro do proxecto RedeXiana2 ábrese un proceso de inscripción para persoas participantes nas accións dirixidas a obtención do Permiso C e CAP, formación a desenvolver na Coruña. As persoas interesadas en participar pertencentes á zona 4 e 5, tamén poden inscribirse na sede de Ferrol, na que desenvolverán dúas edicións de CAP.

DISTRIBUCIÓN DE CONCELLOS POR ZONAS DE ACTUACIÓN...
SEDE DA ACCION FORMATIVA
ZONA 4: Aranga, Coirós, Irixoa, Miño, Oza_Cesuras, Paderne
A CORUÑA

Esta acción incorpora a preparación para a obtención do CAP que habilita para a conducción de vehículos de mercancias.
Requisitos mínimos para participar:
1. Estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.
2. Ser maior de 18 anos.
3. Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto-escritura e comprensión lectora.
4. Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.
5. Todos os participantes deben entregar unha copia do carnet B.
Os interesados/as, deberán inscribirse nos SS.SS. do Concello de Coirós. Traballadora Social, de 9:00 a 14:00 h., ata o vindeiro 18/05/16.