Monte do gato

O Monte do Gato é o límite natural entre os Concellos de Aranga, Coirós e Oza dos Ríos. No Monte do Gato atópase o punto mais alto do Concello, con 512 metros de altura e dende o que se pode disfrutar dunhas extaordinarias vistas sobre a comarca das Mariñas.

O Monte conserva o seu estado natural dende hai miles de anos, tanto a  nivel paisaxístico como no que se refire á conservación da súa fauna, na que destacan o corzo, o raposo, o xabarín, as aves rapaces e o retraído gato montés, especie da que é probable que derive o nome este Monte.

O gato montés é unha especie protexida polo Real Decreto 439/90, e catalogado como “de interese especial”. Vive en zonas coma esta por ser un lugar con abundante vexetación e con baixa densidade de poboación.

Outro dos encantos que nos ofrece o Monte do Gato é a súa riqueza arqueolóxica, na que se poden atopar numerosas mámoas e petroglifos da Idade de bronce.

Polo entorno do Monte do Gato trazouse unha ruta dentro do Plan Mandeo, a ruta SM.15, diseñada especialmente para poder realizar en bicicleta

 

Ruta BTT Monte do Gato - SM.15

Ruta circular de dificultade baixa pensada para facer en bicicleta, con 19,2km e unha duración aproximada de dúas horas.

Ver a ruta BTT Monte do Gato en riomandeo.com