Mirador de espenuca

Seguindo a estrada C.P. 2702 chegamos ó lugar chamado “O picoto”, no monte de A Espenuca a 290 metros sobre o nivel do mar. Este mirador natural sobre a comarca de As Mariñas permite ver o paso do Mandeo sobre o lugar de Chelo, e grande parte da comarca.

O entorno cobra especial importancia pola presenza da igrexa e a ermita de Santa Eulalia, ademáis do campanario, que se atopa separado da construcción e uns metros mais arriba.