Localización

O municipio de Coirós atópase situado ó noroeste da provincia de A Coruña; pertence á Comarca de Betanzos e fai de límite entre os concellos interiores e litorais no norte da provincia de A Coruña.

Limita ó norte con Betanzos e Paderne, ó Sur con Oza dos Ríos e Aranga, ó este con Aranga e Irixoa e ó Oeste con Oza dos Ríos e está atravesado de forma lonxitudinal pola estrada N-VI de Madrid á Coruña e a autovía A-6, con entrada no municipio.

Conta cunha poboación de 1677 habitantes e a extensión do municipio é de 32,8 km2, nos que se distribúen seis parroquias: San Xulián de Coirós, Santa Mariña de Lesa, Santiago de Ois, Santa María de Ois, San Salvador de Colantres e San Vicente de Armea e 31 entidades de poboación.

A distribución territorial interna non se concentra especialmente en ningunha das parroquias, podendo destacar únicamente as de San Xulián de Coirós e Santa María de Ois. Destaca especialmente o feito de que o 92,8% da poboación se agrupa en núcleos dispersos.

Está bañado polos ríos Mandeo e Mendo, e o elemento de relevo mais importante constitúeno as duas cuncas fluviais, cos seus afluentes Rego de Tararou do Mendo e río Vexo, Regato das Pías e Rego das Bouzas do Mandeo. As alturas de Pico da Felga de 506 metros, Fonte do Oso de 448 e Monte da Retorta de 502 metros.

O clima é suave, determinado pola sua morfoloxía, orientación e a influencia do Océano Atlántico. A súa situación entre as coordenadas xeográficas correspóndese cos 43º14´5 de latitude norte e cos 8º 9´ 7 de latitude.

A principal vía de comunicación é N-VI, que atravesa o municipio de forma lonxitudinal de norte a sur, e da que parten as demáis estradas da rede secundaria que comunican as distintas parroquias do municipio. A Autovía do Noroeste (A-6) cruza o Concello de Coirós dende o 1996 e conta con enlace no lugar de A Lapela, na parroquia de Santa Marina de Lesa. Esto permite ó noso Concello estar situado nun lugar privilexiado de comunicación e de rápido acceso á Coruña, Lugo ou Santiago.

 

Estradas provinciais dependentes da Diputación de A Coruña

  1. C.P 2701, de “Coirós de Abaixo” (San Xulián de Coirós), cunha lonxitude de 0,600kms e que parte da N-VI.
  2. C.P. 2702, que nos conduce desde el lugar de Os Chas (San Xulián de Coirós), na N-VI, ata o mirador de A Espenuca.
  3. C.P. 2703, “de Figueiras a Ponte dos Cabalos”, partido da N-VI no lugar de Figueiras (Santa Marina de Lesa) e que nos permite cruzar o río Mendo para chegar ó municipio de Oza dos Ríos. Ten unha lonxitude de 1,9kms.
  4. C.P. 0301, parte da N-VI no lugar de Parada (Santa María de Ois) e une o noso municipio co de Aranga. Ten unha lonxitude de 14,200kms.
  5. C.P. 0302, parte da N-VI no lugar de “A Falcona” (Santa María de Ois) para chegar ó veciño Concello de Curtis e pasando por Aranga.