Lugar de Chelo

O lugar de Chelo é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto. Accedese a este lugar dende a N-VI, no lugar de Collantres e seguindo as indicacións do Coto de Chelo.

Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a salamandra, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a nutria.

Pódese contemplar unha exposición permanente interactiva no recentemente aberto Centro de interpretación do río Mandeo, unha iniciativa enmarcada dentro do Plan Mandeo. O horario de visitas é os venres de 10 a 13 horas e os sábados e domingos de 10 a 13 e de 16 a 19 horas.

 

Rutas asociadas

Ruta de Zarzo a Chelo - SM.11

Dificultade media e duración aproximada de 3 horas. O percorrido total é de 10,5km e inicia la Central de Zarzo (Concello de Paderne). A ruta atravesa Caresma, Chelo e Espenuca, así como vai pola beira do Mandeo durante o tramo da Presa da Cabra hasta Zarzo.

Ver a ruta de Zarzo a Chelo en riomandeo.com

 

Ruta do Bocelo - SM.12

Con una duración aproximada de dúas horas e dificultade media, a súa lonxitude total é de 7,5km, iniciando no Centro de Interpretación de Chelo. "O Bocelo" son as ruinas do antiguo balneario de augas medicinais, creado nos anos 30 do século pasado e que foi destruido por un incendio. Hoxe en día aínda mana auga da súa fonte.

Ver a ruta do Bocelo en riomandeo.com