Centros sociais

Centro social de Queirís

Antiga escola unitaria á beira da N-VI na parroquia de San Salvador de Colantres. Actualmente é utilizado polo Concello para a realización de actividades culturais e pola Asociación vecinal “Collantres” como sede social e punto de encontro dos veciños e veciñas de Queirís, Colantres e Armea.

 

Centro social de Figueiras

Antiga escola unitaria que estivo en funcionamento ata principios dos anos 80. Actualmente é a sede da Asociación xuvenil “A Cabarca” e a Asociación de cazadores “Pedrapartida”, ademáis de ser utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.

 

Centro social de Santiago de Ois

Tamén foi unha antiga escola unitaria. Actualmente está sendo utilizada polo Concello para a realización de diversas actividades culturais e deportivas, así como polos veciños e veciñas da parroquia.

 

Centro social “Fillos de Ois”

En Santa María de Ois: é un edificio que inicialmente foi unha escola, e actualmente é xestionado pola Asociación cultural “Fillos de Ois”. A parte superior conta con varias salas, sendo unha delas utilizada pola escola de educación infantil “O Fontelo”. A planta baixa conta cunha ampla sala para actividades e un bar.

 
Centros privados de atención á terceira idade
No municipio de Coirós atópanse en funcionamento dous centros de terceira idade recentemente construídos. A residencia de persoas maiores “Fonte do Santo” está situada na parroquia de San Xulián de Coirós, con acceso dende a C.P. 2702. Ten unha capacidade de 32 prazas nun edificio de 1.500 metros cadrados dentro dunha parcela axardinada. www.fontedosanto.com O “Centro xeriátrico de Ois” está situado no lugar de Parada, na parroquia de Santa María de Ois e conta cunha capacidade de 110 prazas. Conta tamén con exterior axardinado. www.santamariadeois.es