Biblioteca e Aula de informática

Calquera persoa se pode facer soci@ da biblioteca municipal. O ser soci@ dá dereito a levar 3 libros ou 3 documentos audiovisuais (Videos, DVD's, CD's ou CD-ROM's) por un período de ata 15 días para os libros e de 3 días para o audiovisual con posibilidade de renovación.
Actualmente a Biblioteca dispón de 10.713 libros, 646 DVD's e 26 CD-ROM's; Un trinta tanto por cento destes libros son en galego e, a maioría, de narrativa. Tamén dispoñemos da Enciclopedia Virtual Planeta Saber.
O total dos fondos, tanto audiovisual como bibliográfico, están xa dispostos ao público a través de sistema dixital.

 
 

Na biblioteca podes atopar

Sala infantil

Na que os contos están ordenados por cores segundo a idade, de 0 a 5 anos a cor azul, de 6 a 8 anos o vermello, de 9 a 11 amarelo, de 12 a 13 anos o negro e para os mozos de máis de 14 a cor verde. Tamén dispoñemos de contos de igualdade, identificaralos pola cor rosa e contos noutros idiomas e quebracabezas.
Nesta sección encontrarás a VIDEOTECA con máis de 600 títulos de cine, animación, documentais... dirixidos tanto a adultos coma a nenos
Aula de informática

Onde atoparás a sección de cómics e a sección de informática con libros e cd's tanto para consultar na sala coma para levar en préstamo.
Sala de adultos
Dispón de novelas, de libros de arte, viaxes, lugares, arquitectura, emigración, astroloxía, antropoloxía, política, natureza e medio, saúde, humor, xogos, xardín, fotografía, zooloxía, agricultura e gandaría, deporte, manualidades, cociña, música, educación, muller, servizos sociais, emprego, relixión, filosofía, economía, lexislación, ensino, educación, etnografía, arqueoloxía, mitos e tradicións, cine, radio e TV, biografías, poesía, historia, teatro, lingua e literatura e libros de cultura en xeral.

Contacto

Teléfonos

Teléfono: 981 796 088

Fax: 981 776 298

Horarios

Inverno: De luns a venres de 16.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 14.00

Verán: De 09.30 a 14.00 e os sábados de 10.00 a 14.00

Contactar ahora

Ubicación

Servicios sociais

Edificio de Usos Múltiples do Concello de Coirós, 1ª planta

Ver instalación