ACTOS DE CLAUSURA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS

Escrito por Website do concello de Coirós el 27 de mayo de 2014

Achégase o fin de curso das actividades municipais e para celebralo estamos a preparar os actos de clausura nos que amosaremos o traballo realizado durante o curso.
O venres 30 no centro social, a partir das 19 horas poderemos ver os grupo...s de teatro infantil e xuvenil, acordeón e coro, así como os grupos da escola de música e baile tradicional (gaita, percusión, pandeireta de adultos e baile e pandeireta de nenas a partir de 3 anos). Tamén haberá unha exposición dos traballos realizados nas clases de bordado, manualidades e bolillos.
O sábado 31 no complexo deportivo, a partir das 16 horas, competición de fútbol nenos-pais, e demostración de patinaxe, taekwondo e ximnasia de mantemento. Tamén se entregarán os diplomas dos cursos de natación. Este día teremos festa con hinchables no polideportivo.
Ver más