Quintela presidiu esta mañán o sorteo das 16 vivendas unifamiliares de promoción pública de Coirós

Escrito por Website do concello de Coirós el 31 de agosto de 2012

A Xunta de Galicia invertiu máis de dous millóns de euros na construcción do novo parque residencial de Figueiras

Esta mañán o salón de actos do edificio de Servizos Sociais de Coirós acolleu o sorteo das 16 vivendas unifamiliares de promoción pública construidas pola Consellería de Medioambiente Territorio e Infraestructuras, que contou ca presencia do alcalde do municipio Francisco Quintela. O acto reuniu ós adxudicatarios de este novo parque residencial de Coirós no que Medio Ambiente ivertiu 2.155.097,69 euros. 

As vivendas teñen unha superficie útil aproximada de 90 metros, a excepción de unha con 88,60 metros,repartidos en tres dormitorios. Tódalas vivendas dispoñen de espazo para o tendido de roupa, plaza de garaxe e trasteiro. De elas, sete estarán en réxime de compravenda e nove en réxime de alquiler, de acordo cas listas aprobadas pola Comisión Provincial de Vivenda. 

No que respecta ás vivendas adxudicadas en compravenda, a de 80,66 metros terá un valor, incluido trastero y garaje, de 99.730,82 euros e 101.229,7 as que contan con 90 metros cuadrados, sen ter en conta as posibles deduccións que puideran corresponder en función dos ingresos da unidade familiar. Para as vivendas en alquiler, éste estará en función da renta familiar.

Ao rematar o acto, Francisco Quintela, destacou a importante inversión social da Xunta no municipio e indicou que con este novo parque residencial aténdense as necesidades de 16 familias que poderán seguir vivendo no municipio.