XORNADA DE CARREIRAS SOBRE PATÍNS

Escrito por Website do concello de Coirós el 05 de mayo de 2014

O próximo venres 9 de maio celebrarase no complexo deportivo da Cortella unha xornada de carreiras sobre patíns, na que participarán os clubes de Rabadeira, Alquimia Inline e Freestyle Slalom Vigo. Establécense catro categorías en función da idade dos participantes.

A xornada rematará con entrega de premios por parte do Concelleiro de deportes de Coirós.