charla sobre seguridade vial- campaña educación vial da DGT

Escrito por Website do concello de Coirós el 24 de octubre de 2013

Coirós foi o Concello elexido para iniciar a campaña de educación vial da Dirección Xeral de Tráfico. O pasado martes 22 de outubro tivo lugar unha xornada informativa dirixida por un axente de tráfico e destinada a peatóns, na que se tentou concienciar ós veciños dos riscos que supón circular pola estrada. Participaron ó redor de 25 persoas, ás que se obsequiou cun chaleco refretante para camiñar pola estrada dun xeito máis seguro.