CLAUSURA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS

Escrito por Website do concello de Coirós el 28 de mayo de 2013

VENRES 31 DE MAIO: CLAUSURA DE ACTIVIDADES CULTURAIS

O acto de clausura terá lugar no centro social ás 20 horas. Actuarán os grupos de teatro, acordeón e coro municipais. Asimesmo, inaugurarase a exposición dos traballos realizados nos cursos de pintura infantil e manualidades, bordado e bolillos de adultos.

SÁBADO 1 DE XUÑO: CLAUSURA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A cita será no complexo deportivo da Cortella. Comezamos ás 16.30 disputando un encontro de fútbol 7 entre pais-fillos. A partir das 17 horas haberá exhibición das actividades municipais de aerobic, patinaxe, taekwondo e ximnasia de mantemento. Remataremos a festa con merenda e inchables para tódolos nenos e nenas asistentes.