RECOMENDACIÓNS E MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO NO CONTEXTO DA PANDEMIA COVID-19

Escrito por Website do concello de Coirós el 19 de mayo de 2020

- Será necesario o uso de mascarilla en todos os espazos de reunión e desprazamentos a lugares públicos. Os guantes non  son recomendables, sendo importante manter as correctas medidas hixiénicas como o lavado de mans con auga e xabrón ou xeles hidroalcohólicos.

- As persoas que precisen de mascarillas, poden solicitalas no Concello. As persoas maiores que non poidan desprazarse, se chaman ó Concello se lles pode levar ó domicilio.

- Será preciso manter a distancia de seguridade de 2 metros entre persoas.

- O Concello está preparando un plan de axudas para autónomos e para o fomento do emprego polas perdas ocasionadas con esta crise.

- Dende o Concello atenderanse as demandas de alimentos a todas aquelas familias que se atopen en situación de necesidade.

O Alcalde, 

Francisco Quintela Requeijo