VII FESTA DA XUVENTUDE

Escrito por Website do concello de Coirós el 16 de abril de 2013

O próximo sábado 27 de abril celebraremos a 7ª festa da xuventude nas inmediacións do complexo deportivo de A Cortella. Comezamos coa churrascada ás 21 horas, para continuar ás 22.30 coa actuación da orquesta Marbella.

Os mozos e mozas que teñan entre 14 e 35 anos poden pasar pola OMIX ata o 25 de abril a recoller a súa invitación para participar gratuitamente na churrascada. Esta mesma invitación dará dereito a participar nun sorteo por valor de 300€.

Aquelas persoas que non conten con invitación poden participar igualmente na festa.

Máis información: na OMIX ou no 981.796.088