PROXECTO MARÍA PÉREZ "A BALTEIRA" E PERO D´ARMEA

Escrito por Website do concello de Coirós el 05 de junio de 2019

En breve será presentado o proxecto de estudo e difusión de duas figuras do século XIII naturais de Armea, en Coirós. Son a soldadeira María Pérez "A Balteira" e o xograr Pero d´Armea, do que se conservan 18 cantigas da lírica galego- portuguesa. O noso veciño Alberto Barreiro (Warren), licenciado en filoloxía galega pola USC é o que está a levar a cabo o estudo. Iremos informando das novas.