Celebración do día da muller traballadora

Escrito por Website do concello de Coirós el 27 de febrero de 2013

Con motivo do día internacional da muller traballadora, o Concello celebrará o venres día 8 de marzo un acto no que participarán os grupos municipais de teatro infantil, acordeón e coro. Ademáis, un grupo de nenos/as de ESO lerán algún fragmento, e as alumnas dos cursos de manualidades, bordado e bolillos exporán os traballos realizados.

A cita será no salón de actos ás 20 horas