Celebración do Magosto en coirós.

Escrito por Website do concello de Coirós el 04 de diciembre de 2012

O pasado 20 de novembro celebramos o Magosto nas instalacións da Galiña Azul. A Xornada de convivencia permitiu xuntar ós nenos e nenas das escolas infantís de Coirós de arriba, o Fontelo e a Galiña Azul.

Contamos coa participación de Caramuxo Teatro coa obra “Ñam”, obra financiada pola Deputación da Coruña dentro da rede cullural. O espectáculo conseguiu manter a atención dos pequenos.

Ademáis, visitounos un castañeiro que nos permitiu degustar castañas asadas.

A experiencia foi valorada como moi satisfactoria polo equipo educativo das escolas e polo Concello.