CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Escrito por Website do concello de Coirós el 25 de febrero de 2015

O próximo venres 6 de marzo, celebraremos o día da muller no noso Concello cunha serie de actos entre os que destacan as actuacións dos grupos municipais de baile e música tradicional, así como o coro. Haberá lugar tamén para unha presentación sobre as mulleres e menores doConcello de Coirós, así como dos traballos realizados polas mulleres nos cursos de manualidades, bolillos e bordado.